RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

martes, 9 de junio de 2009

Desta vez gañamos os da abstención, por goleada.

Esta vez tamén gañamos todos, haste os da abstención

Hai veces en que votar é alimentar o sistema. Absterse é o antídoto.
Cando os partidos do espectro que entra nos teus ideais, decepciónanche polo seu comportamento e aos outros che repugna votar, pois a opción que che queda é absterse.
É o castigo que podes infrinxir a toda a deostada clase política para que se rexeneren.

É unha opción totalmente válida e legal, prevista e regulada no noso sistema electoral: aqueles españois que non desexen exercer o seu dereito ao voto non teñen por que facelo.
Os motivos para non votar son moitos: a desidia, o pasotismo, a irresponsabilidade, o ¡que ben se está en casa ou na praia, mellor non vou
votar!, o considerar que o resultado das eleccións non é significativo, o rexeitamento a esta democracia como forma de goberno, o rexeitamento ao noso actual sistema político, e... o que cada un queira.
Unha parte dos abstencionistas exercen o que chaman a "abstención activa", é dicir, utilizan deliberadamente a abstención como forma de protesta contra o actual sistema político.

Os políticos vanse a repartir indecentemente os escanos sen importarlles canta abstención, votos nulos ou votos en branco existan, xa que fixeron unha Lei Electoral á súa medida que lles permite ignorar aos cidadáns desconformes, á súa abstención e aos seus votos de protesta.

Os políticos non nos van a facer caso, pero polo menos facémoslles saber que están actuando contra a nosa vontade e, o que é máis importante, facemos saber, sen ningún lugar a dúbida, ao resto dos cidadáns, españois e europeos, que queremos unha democracia pero que estes políticos,
estes partidos, non nos representan.

Polo tanto, aínda que a súa abstención non a xustifiquen en termos políticos, aínda que non a verbalicen como unha forma de protesta política, si que é unha acción de desprezo cara a este sistema parlamentario, unha acción individual de protesta natural.

Aos políticos non lles gusta a abstención, porque é un desprezo cara a eles.
Prefiren que se vaia a votar en branco ou nulo.
Con todo, eles nos seus organismos e asembleas sí que usan profusamente a abstención nas súas votacións.
¿Eles teñen bula, ou que?.

1 comentario:

Comentarios

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Vistas de página en total