RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

martes, 2 de noviembre de 2010

DIA DE DEFUNTOS: A Santa Compaña inaugura o Mazote de Ares


DIA DE DEFUNTOS: A Santa Compaña inaugura o Mazote de Ares.

Contoumo hoxe pola tarde un amigo chanteirés co que sempre falamos cousas de antes e de agora referidas a nosa terra.
Este compañeiro ultimamente vai moito os domingos o Convento de Santa Catalina en Montefaro, porque di que na cantina do Mosteiro, Moncho ponlle co viño unhas tapas exóticas con sabor tailandés.

Pois colleu tal amistade co cantinero, que ata invitouno a asistir a cea que fixo unha cuadrilla de costume na noite dá data de Santos o primeiro de novembro.

Alí, na cea, coincidiu tamén cun Preboste aresán con quen falou moito sobro dás tradicións e cousas de toda a bisbarra aresán.

A cea acabou con queimada. E despois de botar unhas gorentosas cuncas, meu amigo decidiu baixar hate Ares acompañando o Preboste, pois a conversa era fluída e plácida.

Colleron a estrada de Chanteiro e cando chegaban a Ares, xa alboreaba o Día de Defuntos.
Entón entraron pola remodelada Avenida do Mazote e oíron como un repique de campás en son lastimeiro que semellaba o toque a morto.
O ceo estaba cheo de nubes que semellaban bandeiras e estandartes. De seguido síntese unha algarabía de música de gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes.
Sentiron entón a evocación de tempos xa pasados, do que viñan falando e acórdanse do que dixo o poeta dá nosa estirpe:

"Sen ti, perpetuamente estou pasando
Nas maiores alegrías, maior tristeza".

E daquela empezaron xa a ver ao lexos, como unha ringleira de vagalumes lucentes en procesión que ao irse achegando reconoceron como a Santa Compaña, en interminábel desfile relixioso.

Hasta puideron identificar algúns dos integrantes daquela ringleira de mortos con túnicas brancas e lume non peito que levaban estandartes, gallardetes e bandeiras.

Puideron, segundo me contou, identificar a persoeiros defuntos de todo o Concello aresán.

Justo Montero, derradeiro Alcalde franquista ía con Antucho e Ardá do Radio Cine, levaban a insignia do Aguia Imperial e a Crus do Movemento Nacional que portaban os funcionarios: Quico, Pancho e Sueiras "Manolito O Carramán".
Outro alcalde, este o republicano Benito Feijó, que tivo que exilarse, ía coa bandeira tricolor republicana.
Pepe Gil, primeiro alcalde desta nova etapa democrática levaba un gallardete dá bandeira azul e branca e camiñaba dereito o camiño de Pedrós onde obtivera tódolos votos coa promesa de que lles abriría o camiño cara a Ares, cousa que fixo.

Pola banda dá Ciscada asomou o Alcalde Independentista de Caamouco, Gaspar Rodríguez. E detrás viña un veciño chamado Juan, que dicía en voz alta: ¡Xente coño!

Puideron ver tamén a varios caciques de Ares. Entre eles destacaba o terrateniente Antonio Vilar, flanqueado dous seus valedores e rendeiros: Celestino por Ares, Pepe dá Torre por Cervás e Paco de Pego por Chanteiro.

Xa bastante atrás viña Xen-Xen coa bandeira gai do Arco Iris e deseguido estaban o tatexo Cachirulo, Horacio dá Xuaneta, Perrentín e Garrafón. Este último berraba: "Por terra, mar e aire. E por baixo da auga". ¡Imos todos para a Borrachería!.

Camiñando cara a Chanteiro viron a "Chuchú", que fora veciño deste lugar, acompañado de Chiste, Molotóf e Pimborete.
Chuchú levaba unha sotana de cura e cantaba así:

"Antes que estabamos vivos
comiamos destes figos.
Agora que estamos mortos,
nin de éstes nin dos outros"
--------
Ao saír o sol dourado
unha mañá de abril
crin que estabas collendo
matiñas de pirixel.
Dáme a pirexeleira
que cha veño a pedir,
teño o polo na cazola
e fáltalle o pirixel.
------------------
As plumas pa os mariñeiros
a galiña para o Capitán.
Eramos quince no cofre do morto,
hai que degolar á tripulación".

Na lexanía continuaba coa súa ladaíña: "Díos che sálve, salve María. Chea es, es de graza ...."

Un pouco mais atrás seguíao "Ché de Rozas" que berraba: "En Chanteiro, hai nibueiro, polo Cucheiro ..."
"E viñan dá Esclavitú, e viñan dá Esclavitú, tocando coa má no cú..
As viuvas tamén fo...,  as viuvas tamén fo... ,
Tamén foron como as outras.
¡Que che pinjo, María que che pinjo..."
¡Que che pinjo, María da Julita!

Moita mais xenta había. Belarmino o dá "Estrela" ofrecía "jaibolos", Hermelinda cos periódicos.
Viron O Parrocho, a Mondito do Muiño, ....

En fin, unha ringleira de figuras que se perdían na lexanía dá Noite de Santos e Alborada de Defuntos, na que aquela Santa Compaña se lles ocorreu inaugurar o "Camiño do Mazote", nesta data que agora queren chamar Samain ou Halloween, e que nos recordamos de nenos como o Día dos Meigallos ou Mingallos e faciamos calaveiras de melóns.

6 comentarios:

  1. Excelente exercicio literario.
    Tiñas que traballar mais esta liña.
    Parabens. Juan Andrade.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns pola crónica..Pero ¿ non lle deixou a Santa Compaña inaugurar a obra ao Preboste ????

    Como son!!!!!

    ResponderEliminar
  3. O outro día, os teus amigos que viron como a Santa Compaña inauguraba o Mazote, non se percataron que o final da procesión,camiñaba tambaleandose con dous fouciños debaixo do brazo: O Pollo, o que seguian os seus fillos Gelucho e Loliño.

    ResponderEliminar
  4. Esta Avda. do Mazote tamén levará o nome de:
    FEDERICO GARCIA EXPÓSITO, el amigo de los árboles

    Un hombre entregado en cuerpo y alma al amor a la naturaleza, al prójimo, a la docencia, y al periodismo. Fue tenor del máximo prestigio regional como tenor de "Airiños da Terra", "Cantigas da Terra" y "El Eco", coros de la más alta reputación en la época que le tocó vivir. Fue placa de Oro de la Cruz Roja Española. Un hombre completamente excepcional, y diría casi GENIAL o SANTO por su humanismo filántropo y amor al prójimo. Federico García Expósito (1.889-1.983), descansa en paz!!.

    De muy grato recuerdo en Ares, donde impartió la docencia y fomentó el aprecio a los árboles, haciendo participas en las Fiestas al Arbol a todo el mundo y muy principalmente a los niños.
    Bien lo recuerdo.

    http://federicogarciaexposito.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  5. Hola, Romayo Chanteiro:
    Me encanta tu estilo lírico. Y la forma llena de romanticismo conque escribes todos los temas que abordas. No tienes fuerza para odiar; sino para querer rescatar del olvido (sin odio) lleno de lirismo, metáforas, sentimiento.
    Haces bien en agitar nuestras conciencias. Y eres eso: un poeta en prosa que agita nuestras conciencias y no deja que olvidemos.
    Respecto a Federico García Expósito te añadiré que fue el encargado por la Cruz Roja para el intercambio de prisioneros de guerra durante la Guerra Civil en la Provincia de La Coruña. Aparte de Administrador del Hospital Militar de La Coruña.
    Era "I. y P. de la Real Academia Gallega", del Centro Gallego en la Habana. La Asociación por la Iniciación y Protección de la Real Academia Gallega.
    Tiene doble Medalla de Salvamento de Naúfragos por echarse a salvar a un chico de 10 años que estaba a unos cien metros de la orilla en el muelle de La Coruña; y a una anciana en Ares.

    Además de entregarse con pasión a visitar todos los domicilios de los afectados en la provincia por la Gripe española de 1918, todos estos detalles de este amante del prójimo te los adjunto en estos link que son de una entrevista de cuando le conceden la Placa de Oro de la cruz Roja a Federico García Expósito.

    http://picasaweb.google.com/eiris.mariadelmar/FEDERICOGARCIAEXPOSITOElAmigoDeLosArboles#5549301679562463714

    http://lh5.ggpht.com/_nVKR5lznKpY/TQMUeeHMmeI/AAAAAAAAAdI/wi4hUXNFpkQ/s512/PLACA%20DE%20ORO%20CRUZ%20ROJA0001.jpg


    http://picasaweb.google.com/eiris.mariadelmar/FEDERICOGARCIAEXPOSITOElAmigoDeLosArboles#5549304981603642658

    http://lh4.ggpht.com/_nVKR5lznKpY/TQMXerLKbSI/AAAAAAAAAdU/NejlnHIMh4k/s512/PLACA%20DE%20ORO%20CRUZ%20ROJA0002.jpg

    Gracias, Amigo e Insuperable Romayo Chanteiro: tienes la fuerza lírica de los poetas enamorados de la expresión bella, con trazos místicos y metáforas oníricas.

    Un abrazo fuerte:
    Juan Bernabéu.
    (nieto de Federico García Expósito).

    ResponderEliminar
  6. Gracias, Juan Bernabéu, por tus palabras.
    Son demasíado elogiosas para mi sencillo Blog, pero que considero lo haces en memoria de tu abuelo, quién merece todo ese reconocimiento por su entrega y actitud de vida.

    ¡Tanto que escasea eso ahora!

    Saludos.

    ResponderEliminar

Comentarios

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Páginas vistas en total