
Polas tabernas e bares escoito en moitas ocasións as recomendacións que se fai a xente, dicindo de broma e en serio: vaite mirar, que o mellor aínda estás a tempo, e tes arranxo!
¡ Vai a consultarche, a ver se che encontran algo, porque a túa cabeza non para.
!Ese esta tararí, está para alá !
A ese fáltalle un parafuso ou varias ferveduras!
Está como unha tarteira. Ou como unha cabra, chota.
Agora decátome que o propio Presidente Barack Obama dos Estados Unidos, opina que toda dúbida sobre a pertinencia do axustizamento de Osama Bin Laden é merecedora dunha visita ao psicólogo. Calquera que
se pregunte se o autor de semellantes crimes en chan americano non se merecía acabar como acabou necesita que lle miren a cabeza, declarou o mandatario na cadea CBS.
E, efectivamente, tal como anda o panorama pensamos que a OMS (Organización Mundial dá Saúde), debería iniciar unha campaña de revisión mental a nivel mundial, incidindo sobre todo nos que teñen responsabilidades, como dirixentes e clase política.
E xa no noso país esa ITV, deberían pasala: Camps, Orella, Aznar, Pajín, .... e moitos máis.
E se imos achegando o zoom, chegaremos ata moi cerquiña, no mesmo ámbito autonómico, local e de proximid
ade, que para que ninguén se senta aludido deixaremos unicamente no Alcalde de Vigo.
Nesa redada de revisión mental, atoparíanse moitas patoloxías psíquicas e mentais, tales como: trastornos da personalidade, egocentrismos, teimas persecutorias, problemas bipolares, paranoias, esquizofrenias..... Puf, un magallón.