RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

viernes, 29 de abril de 2011

O alcaldable Cendán, polo PP de Ares, novamente imputado.

Os imputados que van nas listas electorais, teñen boa cobertura.

É dicir, que están apoiados por os seus respectivos partidos.
Poida que sexa en parte para contentalos, acalalos e que "non tiren de manta", porque o que comete unha fecharía, ten o apoio ou polo menos o coñecemento doutros "affaires". E, claro "non vaia cantar" e enmerdar. Mellor telos contentos nas Listas de Candidatos ou buscarlles un "choio", tipo Baltar en Ourense.

O termo "tirar de manta" púxoo en boga Luís Roldán o que fose Director Xeneral da Garda Civil e que estivo a pi
ques de ser nomeado Ministro de Interior do Goberno Socialista.
Cando se lle descubriron todas as súas fraudes e texemanexes, foi cando ameazou con "tirar da manta" e descubrir mais implicacións.
Pero non o fixo, se non que desapareceu nunha operación rocambolesca.
Máis tarde foi capturado noutra escura operación, con certas complicidades, para ser xulgado só por algunhas cousas. Pero non "tirou da manta". Cumpriu a súa pequena condena e xa é un cidadán libre que pode dispor de todo o saqueado e roubado.
Porque non devolveu nada do seu botín defraudado, tanto dos fondos reservados, das obras de casas-cuarteis e do dos orfos da Garda Civil.

Isto é "Jauja", para algúns claro. ¡¡

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Páginas vistas en total