Coa que está caendo, rumoréase que o grupo local do PP de Ares nas súas conversacións privadas, para facilitar os Orzamentos á minoría socialista gobernante, solicitaba -- nunha das súas peticións inconfesables --, que se lles concedese algunha "dedicación plena"; é dicir "liberar economicamente" a algún edil da súa formación.
¡Non mo podo crer!
¡Non mo podo crer!
Parece que os amaños para o apoio aínda ándanse a conseguir, tamén con negociacións e reunións secretas, levadas a cabo ata en ceas solemnes con marco monacal.
Os tempos son chegados de clarexar estas situacións.
Deixarse de coñas mariñeiras e actuar con nítida claridade.
Pois coa que está caendo actualmente, a xente ten que ir preparándose para ir votar o 1 de Marzo coa nariz tapada.
Arrecede o cheiro, e "mexan por nos e hai que dicir que chove".
¡Ei carballeira, o que me dea un pau doulle un peso!