RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

miércoles, 15 de octubre de 2008

O nunca visto: NACIONALISMO E SOCIALISMO FINANCEIRO


Nacionalización e Socialismo Financeiro



Co beneplácito de todos os políticos, da cor que sexan, nacionalízanse as perdas dos Bancos á conta dos sufridos e desprotexidos de sempre.

As ganancias están a recado.

¿Onde están eses soldos millonarios dos Consellos de Administración e as blindaxes inmorais?.

Debésense nacionalizar cando gañan diñeiros a varrer, estafando aos necesitados. Cobrando comisións abusivas por calquera operación, mesmo co noso propio diñeiro.

Por que eses mesmos inmorais que agora se reúnen para axudar aos Bancos, critican cando gobernos como os de Chavez en Venezuela ou Evo Morales en Bolivia intentan intervir nas ganancias deses "depredadores do diñeiro".

A crise actual é un golpe ao libre mercado capitalista.

Ninguén controla as ganancias de Empresas, Bancos e Financeiras. Reparten os dividendos e os contratos blindados entre eles. Escapan co diñeiro para paraísos fiscais e mesmo utilízano para derrocar gobernos e influír nas eleccións.

Agora presentas as crises e quebras para que os estados sanéenas co diñeiro dos contribuíntes, mentres os estafadores gozan das súas mansións, palacios e privilexios.

E .... dise que hai que axudarlles porque xogan cos postos de traballo que os seus inmensos negocios proporcionan. É dicir, que encima hai que estarlles agradecidos.

Chégase á conclusión de que ten que haber ricos para que dean traballo aos pobres.

Ten que haber "amos" para que os "escravos" sobrevivan.

¡E o malo é que parte da humanidade cre isto!.

Señores Bush, Zapatero, Rajoy, Touriño e compañía, non sería mellor empregar esas inxentes sumas do Tesouro Público en axudar aos menesterosos, indixentes, enfermos, parados, ......

O que había que nacionalizar e socializar son eses monstros financeiros que nos explotan e soxuzgan; pero cando están boiantes, repartindo os seus beneficios a sacos.

Non cando mostran unhas perdas provocadas pola avaricia, tendo as ganancias a recado.

¡Non nos queiran facer cretinos!
Quen manda é Don Diñeiro.

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Vistas de página en total