A primeira medida que prometeu levar a efecto o novo Alcalde de Ares e que repetiu nestes días é a de repor á empregada do Xulgado e Rexistro Civil, despedida de forma irregular segundo sentenza.
De feito, a súa primeira medida tras entrar no que será o seu despacho durante os próximos catro anos foi a de reinstaurar o seu posto orixinal á secretaria do xulgado de paz da vila costeira. Trátase dunha medida tomada en resposta a unha orde administrativa que invalidaba a substitución realizada polo anterior alcalde, o popular José Manuel Cendán.«Aos poucos iremos pechando outros temas que quedan pendentes», dixo onte Julio Iglesias en referencia á legalización da obra do novo consistorio, a construción do centro de saúde, a devolución ao Concello da concesión do mosteiro de Santa Catalina... Para isto, o novo alcalde anunciou unha rolda de contactos coas administracións implicadas a fin de «establecer unha dinámica de bo entendemento e de dar exemplo á cidadanía mediante o cumprimento da legalidade», apostilou Iglesias. Según La Voz de Galicia.
Os rumores que circulaban hoxe pola vila, indican que a empregada que puxeron os Cendanes xa fai uns días que se anticipou e abandonou o posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios