RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

domingo, 6 de mayo de 2007

Da "BOTELLA" ao "BOTELLON" - Os tragos de AZNAR

Cantiga Popular:
Cando se emborracha un pobre
todos din que é un borrachón ...
Cando se emborracha un rico ...
¡Qué gracioso está el señor .... !




O SEÑORITO MAREADO?/ POR GERMAN CASTRO en Diario de Ferrol

Abeber, a beber e apurar a copa do licor que o viño fará esquecer as penas do amor. Só lle faltou a José María Aznar acabar a súa intervención de Valladolid cantando a zarzuela Marina para así quentarlle os oídos aos colleiteiros que o agasallaron. É de supoñer que as declaracións que fixo non son froito da improvisación e moito menos cabe pensar que o señorito estivese ¿un pouco mareado?


No entanto, o ex presidente do Goberno español demostrou a súa falta de recursos porque mira que hai literatura a esgalla para exaltar as calidades dos caldos sen necesidade de caer na burla ás campañas de tráfico ou frivolizar co consumo e o volante diante da cantidade de mortes e desgrazas que arrastran as inxestas alcohólicas nas estradas.

A non ser que Aznar perdera o catálogo de principios que debe conservar todo home que dirixiu os destinos do país e, a falta de escenarios e tribunas de notoriedade, queira provocar titulares de prensa con manifestacións do tenor das que acaba de protagonizar, ou xestos de suposta perversidade machista como aquel de colocarlle no entrepeito á xornalista un bolígrafo, por citar un par de exemplos. Que hai máis.

É obvio que o destacado político merece a crítica polo seu discurso banal e é máis, haberá quen pense se o día aquel que se fixo a foto das Azores para declarar, xunto con Bush e Blair, a guerra a Irak se cadra tomou un tintorro peleón porque pola contra non se entende a súa actitude. Sen dúbida, ao redor do viño pódese construír unha oratoria amena, lúdica e culta. Desde recorrer á Biblia, el que é un bo cristián, cando nas vodas de Canaán os invitados esgotaron as existencias e María pediu ao seu fillo que convertese o auga en viño, por certo primeiro milagre de Xesús que podería ter moitas lecturas, ata, xa en Occidente, remitirnos aos tempos de Grecia, hai materia máis que suficiente para non só festexar aos anfitrións bodegueiros senón ata para ilustralos.

Pero José María Aznar, lamentablemente, optou pola vía máis prosaica, evidenciando unha falta de luces impropia da personalidade da que o inviste o feito de ter sido presidente do Executivo español. Parece que nos vai acostumando as súas saídas de ton máis ou menos periódicas.

Que falen de un aínda que sexa ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Vistas de página en total